Algunhas das doazóns recollidas en #Arteixo están en camiño a Ucraína. O Banco de Alimentos Rías Altas mandou xa máis de 2.000 quilos de axuda humanitaria e teñen previsto seguir facendo envíos.
establecementos da nosa vila colaboran na recollida en favor das vítimas da guerra. Se queres facer a túa achega, busca o cartel no escaparate. O que máis precisan neste momento son latas de comida precociñada, sacos de durmir, tendas de campaña, lanternas e roupa interior e térmica.