A colaboración da Obra Social “la Caixa” fará posible unha nova edición da campaña das #PostaisSolidarias. 3.000 escolares de #Arteixo van poñer a súa creatividade ao servizo dunha boa causa.
Coma sempre, as postais poderán intercambiarse por alimentos non perecedoiros en moitos establecementos asociados e as doazóns serán entregadas ao Banco de Alimentos Rías Altas.
Este ano, ademais, o Arteixo CCA triplicará a cantidade destinada á compra de alimentos frescos nos establecementos asociados: por cada postal, Cáritas Arteixo recibirá 0,45€.