Diario de Ferrol e a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao dan o pistoletazo de saída a Xincana Portuaria Ferrolá, unha actividade cun dobre obxectivo: coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos da dársena de Curuxeiras e a súa contorna, e colaborar cunha doazón coa delegación ferrolá do Banco de Alimentos Rías Altas.
Contando coa colaboración da Confraría de Pescadores de Ferrol e o restaurante A Maruxaina, as persoas que acaben o percorrido pasando por todos os puntos e deixen alimentos non perecedoiros ao finalizar, entrarán no sorteo dun menú para dúas persoas no establecemento e dun lote, tamén para dous, de produtos da ría, xentileza da peixería A Túa Lonxa. (Publicado por Diario de Ferrol)