Visita do Alcalde de Ferrol

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, desprazouse o pasado xoves ao noso almacén para asinar un convenio de colaboración coa entidade por importe de 37.000 euros.

O representante da delegación de Balrial en Ferrol, Manuel González, e o rexedor rubricaron o documento que renova a colaboración que o Concello viña prestando e que contribuirá a cubrir as necesidades básicas de alimentación da poboación máis vulnerable, o que repercute na promoción da súa inclusión social, entre outros beneficios.

Colaboración cos afectados pola Dana

O Concello de Ferrol, en colaboración con Balrial, realizou unha recollida na Casa Solidaria de materiais e alimentos básicos para as persoas afectadas pola devastadora dana ocurrida a pasada semana e que afectou a numerosos municipios da Comunidad Valenciana e doutras comunidades autónomas. A través desta iniciativa recolléronse máis de 20.000 quilos de alimentos e material.


SoftwareONG.es