Visita Delegada de la Xunta

Recibimos la visita de Belén Do Campo Piñeiro, delegada de la Xunta en A Coruña, en nuestra sede para conocer de cerca nuestra labor y animar a todos los ciudadanos a participar en la Gran Recogida de Alimentos 2026 que tendrá lugar los días 13 y 14 de noviembre.

» Quero facer un chamamento á solidariedade dos coruñeses. Cada achega conta e entre todos podemos axudar ás arredor de 26.000 persoas da nosa provincia que necesitan este apoio para cubrir as súas necesidades básicas.

🥛🧋O obxectivo é superar os máis de 200.000 quilos de alimentos recollidos na pasada edición, coa colaboración de máis de 500 supermercados e arredor de 2.000 voluntarios. Agradecer especialmente o traballo dos voluntarios e recalcar que son necesarios sobre todo produtos como o leite e os alimentos envasados e de fácil preparación.

🤝 Anímovos a participar, xa sexa como voluntarios, doando alimentos ou realizando achegas económicas nos supermercados participantes. ☎️As persoas interesadas en participar como voluntarias poden inscribirse a través do correo electrónico voluntarios@balrial.org ou no teléfono 604 001 206.

👏Cada xesto conta. Entre todos podemos chegar máis lonxe! «


Freeman Galicia