Este martes, 23 de decembro, o Club Balonmano Linea 21 celebra o seu Torneo de Nadal “Medra con nós e en familia”, unha xornada lúdica e deportiva pensada para compartir o balonman entre pais, nais e fillos/as.
23 de decembro
17:00 – 20:00 h
Pavillón Novo Mesoiro
Durante o evento realizarase unha recollida solidaria de alimentos e xoguetes, destinada ao Banco de Alimentos e a entidades colaboradoras, polo que agradecen a vosa colaboración coa achega de produtos non perecedoiros e xoguetes (en bo estado).
O evento está aberto a persoas non vinculadas co club que queiran achegarse e probar esta experiencia.

