«Operación tonelada» do HC Liceo

Ante o Igualada, Obxectivo Tonelada. O partido que xogará o Liceo o próximo domingo 1 de marzo non só terá carácter deportivo, senón tamén solidario. Nunha acción coordinada xunto ó Banco de Alimentos, o Pazo dos Deportes recibirá a todo aquel que queira axudar ós máis desfavorecidos.

As persoas interesadas poderán entregar un ou varios kilos de alimentos non perecededoiros (arroz, pasta, garbanzos, legumes…). Ademais, botar unha man terá premio: por cada kilo de comida, o Liceo entregará unha entrada para disfrutar do encontro contra o Igualada das 12:00h. O obxectivo será o do nome: a tonelada.


Freeman Galicia