O vindeiro domingo, 22 de xuño, o Balonmán Brigantium de A Coruña celebra o seu III Torneo Solidario nunha xornada na que contan coa participación de equipos de todas as categorías. Será no Pabellón Novo Mesoiro dende as 10:30 h ata as 20.00 h.
Invitámoste a colaborar levando un alimento non perecedeiro, que será doado á nosa entidade; a cambio, entrarás automaticamente nun sorteo con premios . Unha bonita forma de pechar a tempada: balonmán, solidaridade e moitas ganas de desfrutar
Esperámosvos!