O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Banco de Alimentos da provincia, Manuel María Mora, asinaron o pasado 26 de outubro, na sede da institución provincial, un convenio de colaboración polo que a Deputación achega 100.000 euros para apoiar o labor que desenvolve esta entidade na atención ás persoas e familias en situación de vulnerabilidade económica e social. No acto participou tamén a deputada de Política Social, Mar García Vidal.
O acordo permitirá financiar a adquisición de alimentos de primeira necesidade e os gastos de contratación de persoal necesarios para o funcionamento da entidade, que desenvolve a súa actividade en toda a provincia a través de catro almacéns situados na Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.

