🟦A Deputación da Coruña colabora con 70.000 euros co Banco de Alimentos Rías Altas🟦

🟦A Deputación da Coruña colabora con 70.000 euros co Banco de Alimentos Rías Altas🟦

Valentín González Formoso asinou o convenio coa presidenta da entidade, Concepción Rey
No ano 2021 o Banco de Alimentos Rías Altas atendeu a 26.427 beneficiarios, a través de 168 entidades sociais da provincia da Coruña, repartíndose un total de 2.854.66 kilos de alimentos
presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a súa homóloga do Banco de Alimentos Rías Altas, Concepción Rey Pedreira, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, asinaron hoxe o convenio para financiar a compra de alimentos de primeira necesidade e a contratación de persoal para a asociación.
A colaboración económica da Deputación, que ascende a 70.000 euros, permitirá á entidade reforzar a súa actividade e facer fronte ás novas situacións xeradas pola pandemia, que provocou que o perfil daquelas persoas que recorren á axuda alimentaria se diversificara.
Así, unha parte desta subvención será destinada para dar continuidade á labor da entidade de facilitar o acceso á alimentación ás familias máis desfavorecidas. No ano 2021 o Banco de Alimentos Rías Altas atendeu a 26.427 beneficiarios, a través de 168 entidades sociais da provincia da Coruña, repartíndose un total de 2.854.66 quilos de alimentos.
Ademais, este acordo tamén servirá para financiar a contratación de persoal esencial para o desenvolvemento das súas funcións: unha coordinadora de voluntariado que é responsable tamén do almacén da Coruña, outra coordinadora responsable do almacén de Santiago e que se encarga de coordinar aos voluntarios da zona, e, por último, unha terceira coordinadora responsable dos trámites con tódalas administracións a nivel local, provincial e autonómico de calquera índole.

Freeman Galicia